O Concello conmemora os 100 anos do Mercado Municipal de Ares

Comparte esta nota de prensa

  • A institución aresá propón un acto para celebrar o centenario deste edificio (1926-2026) deseñado por Antonio Tenreiro Rodríguez, unha infraestrutura que é un exemplo paradigmático do racionalismo arquitectónico galego do século XX.
  • O evento impulsarase o próximo luns, 8 de xuño, coa desvelación da placa conmemorativa dos 100 anos ás 13:00 h. e, posteriormente, a actuación do grupo As Pías.

 

Cen anos agóchanse nas paredes do Mercado Municipal de Ares. Cen anos dun espazo municipal que segue a cumplir unha función fundamental na vila como lugar de encontro entre a veciñanza. Un fito que se conmemorará o luns, 8 de xuño, no acto que organiza o Concello destinado a celebrar e lembrar a sua materialización en 1926.

Foi en febreiro dese ano cando se certificou a data de finalización da obra, dando comezo á historia do Mercado Municipal de Ares, un epicentro de dinamización de venda de produtos de proximidade que perdura a día de hoxe.

Así, o vindeiro luns desvelarase unha placa conmemorativa do centenario por parte do alcalde da localidade, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e achegarase o grupo As Pías para poñer música á celebración dos cen anos de historia.

UN EXEMPLO DA ARQUITECTURA RACIONALISTA DA POSGUERRA

O Mercado Municipal de Ares supón unha mostra do traballo dun dos arquitectos máis recoñecidos de Galicia: Antonio Tenreiro Rodríguez. O mercado aresá  un expoñente singular da arquitectura racionalista da posguerra no litoral galego, fusionando no seu deseño a funcionalidade industrial coa estética naval.

O propio edificio sintetiza un modelo de patrimonio vivo, ancorado ás raíces do municipio, e que tamén recibiu nesta anualidade unha boa nova en materia infraestrutural, ao obter o Concello case 200.000 euros para a súa rehabilitación, unha nova intervención que permitirá continuar na senda de dignificación e posta en valor dun inmoble que é, a todas luces, un símbolo da identidade de Ares.

No marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

Pódeche interesar