O Concello de Ares e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes supervisan as obras na área infantil do Parque Rosalía

Comparte esta nota de prensa

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, acompañado da concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, e o edil de Obras, José Juan Vilar, recepcionou esta mesma mañá a Diego Calvo Pouso, conselleiro de Xustiza, Presidencia e Deportes, e a Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta en Ferrol, para achegarse até as instalacións infantís do Parque Rosalía de Castro, no núcleo urbano de Ares.

Alí comprobaron o estado das dúas actuacións de mellora da área de xogo infantil executadas de xeito continuo, tendo en conta que nunha elas está directamente involucrada a Xunta a través dunha achega de aproximadamente 40.000 euros, un investimento fundamental para a substitución dos seus pavimentos de seguridade por uns novos (400 metros) e a instalación de 3 xogos para os nenos e nenas máis pequenos.

A esta obra súmanselle os preto de 65.000 euros que inviste a Deputación con cargo ao POS+2024, fondos destinados á renovación do mobiliario urbano, o acondicionamento do céspede con aporte de terra vexetal e a colocación de novos xogos para as crianzas de maior idade.

Entre estas dúas liñas de subvención da Xunta e da Deputación, o Concello mobiliza un total de 28.419,91 euros das arcas municipais para a modernización desta área cun gran uso durante o ano, ampliando os espazos existentes e optimizando todo o conxunto a nivel estético e funcional.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado