Do 6 ao 9 de agosto celebrouse en Ferrol a 35ª edición de Equiocio, un evento xa consolidado como unha das principais citas de referencia de Ferrolterra.
Un ano máis, o Concello de Ares estivo presente cun stand propio, desde o que se promoveu o municipio e se deu a coñecer a súa oferta turística, patrimonial, gastronómica, deportiva e cultural.
Así mesmo, durante a celebración de Equiocio aproveitouse para presentar e promocionar o IX Ares Indiano, que terá lugar os días 21, 22 e 23 de agosto, convidando a todas as persoas asistentes a achegarse a Ares e desfrutar desta celebración.
O Concello de Ares agradece a todas as persoas que se achegaron ao stand municipal e mostraron o seu interese por coñecer a nosa vila.





