O concello de Ares recibe unha axuda da financiado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondentes ao Programa MA100: SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS NO 2023, por un importe de 25.219,43€.
O obxecto deste programa é apoiar aos concellos da provincia da Coruña no sostemento dos gastos de contratación dirixidos á limpeza de súas praias marítimas durante a tempada de verán.
Concretamente o noso concello conta con numerosas praias queestán especialmente preservadas dos ventos e da forza do mar o que fai que sexa un reclamo turístico de gran importancia nos meses de verán, e por iso, que contan cunha elevada cantidade de persoas dos concellos limítrofes.
En resumo do anteriormente citado e a acción natural das correntes mariñas que transportan numerosos residuos, o volume de sucidade nas praias do Concello fan necesaria unha limpeza periódica das mesmas, polo que a financiación recibida por este programa e moi necesaria para a nosa entidade.
Ares a 30 de xuño do 2023