O Concello de Ares recibiu unha liña de axudas autonómicas para a realización do proxecto “ARES ULTRAMARINO II- GALP2- 182”, cun orzamento total de 17.859,60€ cun pocentaxe de axuda dun 80% ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Maritimo de Pesca 2014-2020.
O proxecto consiste en poner en valor o coñecemento do concello de Ares así como a grande actividade cultural que ten o concello entre os turistas e visitantes do noso concello. O obxectivo das actuacións neste proxecto é converter a Ares nunha referencia para coñecer a cultura de Ultramar ou Indiana.
Reaizaranse unha serie de actividades como son: Academia do Mar, con varios obradoiros e Ares Indiano, con varios seminarios.
E para que así conste e surta os seus efectos oportunos, expídese o seguinte documento acreditativo publicado na web municipal www.concellodeares.gal, en Ares a , 22 de agosto de 2022.
Asdo: D. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde-Presidente do Concello de Ares