O Concello de Ares resultou beneficiado dunha subvención da Excma Deputación Provincial por importe de 7.000€ publicado no BOP nº 140 do 26/07/2022 ao abeiro da convocatoria PEL-CONCELLOS_Axudas sectorde orquestas e verbenas.

Mediante esta convocatoria o Concello de Ares solicitamos adherirnos a esta liña de axudas para apoiar o concello na reactivación de sectores afectados directamente polas medidas adoitadas para o control da pandemia como é o sector das orquestras e, en concreto, a execución de verbenas, festas populares (como as citada anteriormente) ou eventos con actuacións de orquestras na provincia da Coruña, e contribuír ao mantemento do emprego e a xeración de recursos de sector.

Ares, 28 de xullo de  2022