O Concello de Ares volve organizar unha excursión!

Comparte esta nota de prensa

Nesta ocasión, o destino é Portugal, visitando os pintorescos pobos de Valença, Vila Nova de Cerveira e a Fortaleza.

A data da saída é o 3 de xuño e a concellaría de Benestar encárgase da organización. O prezo da viaxe é de 25 euros, con comida e autobús incluídos. As prazas son limitadas. Se estás interesado/a en apuntarte debes acudir ao departamento de servizos sociais e inscribirte antes do 26 de maio. Ou ben facelo vía telefónica contactando a través do 981 448 354.

Poderás desfrutar percorrendo unhas localidades con encantadores cascos históricos, probar a súa rica gastronomía e tamén achegarte ás súas recoñecidas tendas! Non perdas a oportunidade de pasar unha xornada diferente e gozar da nosa cultura veciña!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,