A ruta do pincho da Concellaría de Comercio arranca xa esta fin de semana! É o momento de prepararse para o DegustAres 2025 e saír a saborear as 7 tapas que atoparás na vila durante as xornadas do 10, 11, 17 e 18 de maio.
Bota unha ollada aos horarios dos establecementos e lembra que é preciso valorar as tres mellores asignando 15 puntos para o mellor pincho de Ares, 10 puntos para o segundo e 5 puntos para o terceiro. Ao completar o percorrido, poderás acceder ao sorteo de vales de 100 euros e varias botellas de viño magnum.
Non o dubides e #ViveAres!