O Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte inauguran a nave de embarcacións que empregará o Club de Remo de Ares

Comparte esta nota de prensa

O alcalde da localidade, Julio Ignacio Iglesias Redondo; a concelleira de Deportes, Alma Barrón, e a de Urbanismo, Olimpia Marcos, amais do Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, Roberto García, pertencente á Secretaría Xeral, visitaron esta mañá as instalacións xa rematadas.

No acto formalizouse a entrega das chaves da edificación a representantes do Club de Remo de Ares, Germán Sánchez e Pedro Varela, o que permitirá iniciar o seu uso por parte do ente deportivo da vila.

As autoridades involucradas na materialización da nova nave de embarcacións do Club de Remo de Ares visitaron esta mesma mañá as instalación dentro do acto de inauguración promovido polo Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte, que contribuíu á construcción do altillo da nave –o último paso que se deu na súa materialización– .

Así, o alcalde do municipio aresán, Julio Ignacio Iglesias Redondo, acompañado de Alma Barrón e Olimpia Marcos, concelleiras do equipo de goberno nas respectivas áreas de Deportes e Urbanismo, supervisaron xunto a Roberto García, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, o estado final da infraestrutura. O encontro tamén serviu para oficializar a entrega de chaves ó Club de Remo de Ares, representado a través do seu presidente Germán Sánchez, e dar por finalizadas as obras.

A partir deste momento, a entidade deportiva aresán contará cun edificio destinado a cubrir as necesidades de almacenamento das embarcacións de banco fixo e facilitar os entrenamentos do equipo de remo.

TRES ADMINISTRACIÓNS NO PROCESO DE CONSTRUCIÓN

Para materializar a nave de embarcacións, o Concello iniciou un proceso que garantiu o investimento non só de fondos municipais, senón tamén de entes provinciais e autonómicos, dividindo as achegas en función do proceso de deseño da nave.

Deste xeito, a cimentación de todo o edificio sufragouse cunha achega de 34.485 euros, IVE incluído, por parte da administración aresán. A execución do propio proxecto básico de nave de almacén, cun montante aproximado de 157.000 euros, dividiuse entre Deputación provincial (86.000 euros) e o Concello (71.000 euros) e, finalmente, o altillo supuxo o investimento de 32.119 euros por parte da Secretaría Xeral para o Deporte e 8.029 euros dos fondos municipais.

Pódeche interesar