O Concello executará a pavimentación do camiño de subida a Barracido dende Marina do Pombal

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Urbanismo vén de informar dunha das futuras intervencións que se acometerán no termo municipal: a pavimentación do tramo existente entre aproximadamente a saída da urbanización de Marina do Pombal ata o cruce en dirección Rodelas e Solaina.

A obra de mellora desta vía municipal suporá un investimento de 48.212,53 euros, asumidos entre a liña de axuda proporcionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o propio Concello de Ares. Segundo consta no proxecto, o actual pavimentado presenta un tratamento do triple rego en mal estado que se verá reposto, axundando na mellora da comunicación interna entre os núcleos poboacionais da localidade.

De feito, Olimpia Marcos resaltou que “a intervención conectará co aglomerado realizado en lexislaturas anteriores en todo o núcleo rural máis próximo”, englobándose dentro das tarefas propias do reequilibrio territorial e conservación. O seguinte paso, tras a recepción da subvención de AGADER, será a súa licitación e posterior adxudicación definitiva.

 

Pódeche interesar