O Concello habilitou un novo aparcadoiro público gratuíto no núcleo urbano de Ares, que proporciona ao redor de setenta novas prazas de estacionamento

Comparte esta nota de prensa

Este novo equipamento está situado na rúa Concepción Arenal, unha zona céntrica que ofrece fácil acceso ás principais atraccións e servizos da vila.

Para levar a cabo esta actuación, o Concello xestionou a adquisión da parcela, que conta cunha superficie de 2.387 m2, formalizando a súa compra o pasado mes de maio. Posteriormente, realizáronse os traballos de acondicionamento, preparando a área para albergar aproximadamente 70 vehículos. As accións emprendidas incluíron a roza da parcela, que se atopaba cuberta de maleza, así como o acondicionamento con pavimentos brandos para garantir unha contorna adecuada para estacionar.

Esta nova zona de aparcamento súmase a outros espazos xa existentes no núcleo urbano, como o de Cortiñas Gil, que foi recentemente ampliado, e os situados na avenida de Mugardos e na avenida Federico García Expósito. Con esta adición, o Concello busca ampliar a dispoñibilidade de estacionamento para a veciñanza e os visitantes, contribuíndo así a facilitar a mobilidade no centro urbano da localidade.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,