O Concello informa da adxudicación das obras para a mellora dos vestiarios do Campo de Fútbol de Prados Vellos

Comparte esta nota de prensa

O Concello informou hoxe da adxudicación das obras no edificio de vestiarios do Campo de Fútbol de Prados Vellos, coas que se conseguirá a mellora da eficiencia enerxética na súa envolvente e, parcialmente, nas súas instalacións.

O investimento total desta actuación ascende a 195.000 euros, que serán sufragados a través dunha achega do Fondo de Cooperación Local da Xunta, por importe de 140.00 euros, no marco das axudas destinadas a mellorar a eficiencia enerxética das infraestruturas municipais, e unha aportación de 55.000 euros dos fondos municipais.

No tocante aos aspectos técnicos, a intervención impulsada polo Concello centrarase en mellorar a eficiencia enerxética do edificio dos vestiarios, tanto na súa envolvente como nas súas instalacións. Levaranse a cabo diversas actuacións, como a substitución da cuberta actual de fibrocemento por paneis sándwich de aceiro lacado con illamento térmico, o revestimento das fachadas cun sistema SATE con acabado hidrófugo e illamento, e a substitución das xanelas e portas actuais por outras con características que melloren o illamento térmico.

Ademais, instalarase unha batería de paneis solares térmicos e un intercambiador de auga quente sanitaria cunha contribución do 60%. Estas medidas permitirán reducir o consumo enerxético do edificio e, polo tanto, mellorar a eficiencia enerxética do conxunto.

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, destacou a importancia desta actuación e resaltou o compromiso do Concello coa mellora das infraestruturas deportivas en beneficio da veciñanza. Así mesmo,

salientou a relevancia da obra que se executará, a cal contribuirá a modernizar e optimizar o Campo de Fútbol de Prados Vellos, proporcionando unhas instalacións enerxéticamente eficientes e adecuadas para a práctica deportiva.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,