O Concello Inicia a Contratación Do Pos+2023, que mellorará a infraestrutura na contorna do Porto e Urbanizará o Camiño de Maiobre

Comparte esta nota de prensa

A intervención principal, a que atinxe ao Porto, suporá un investimento de 207,792,92 euros, divididos entre a Deputación, con cargo a este POS, e o mesmo Concello.

A urbanización do camiño de Maiobre, en Lubre, introducirase no Plan Complementario cunha aportación económica total de case 70.000 euros entre ambas administracións.

O Concello vén de dar inicio ao procedemento de contratación das obras incluídas no POS+2023, unha importante inxección económica para o concello aresán que permitirá materializar dúas grandes actuacións na localidade; mobilizando entre ambos proxectos urbanísticos máis de 180.000 euros da entidade provincial e preto de 93.000 euros do Concello de Ares.

A primeira das intervencións producirase nas rúas Caramanchón, dos Mártires e San Xoán, todas elas situadas na contorna urbana do Porto, co foco posto namellora dos servizos. Renovarase o saneamento de augas fecais e pluviais, xunto co alumeado, a infraestrutura de electricidade e de telecomunicacións e a pavimentación completa das tres rúas en formigón de cor.

Este proxecto será o que contará cun maioro orzamento: 207.792,92 euros repartidos entre a institución aresán (90.125,94 euros) e o POS+2023 (117.666,98 euros).

Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, aproveitou a licitación para contextualizar a mellora de servizo nas rúas do Porto: “daremos continuidade ao esforzo municipal que se vén realizando nunha área de especial importancia para Ares polo seu valor urbanístico e histórico; seguiremos traballando pola humanización de todo o Porto, na mesma liña que xa fixemos na rúa Cisne ou nos Reais Alfolíes, incluíndo a súa praza”.

A maiores, a segunda das actuacións que se inscribe no Plan Complementario implicará a execución da urbanización do Camiño de Maiobre, na parroquia de Lubre, partindo dun orzamento de 69.216,17 euros asumidos entre Concello e Deputación.

José Juan Vilar, edil de Obras, resaltou que “se trata do principal acceso ao núcleo de Maiobre, na actualidade moi deteriorado polo impacto da auga pluvial, e cun firme en mal estado. Coa súa urbanización, aplicaremos un aglomerado en quente, e abriremos e limparemos as cunetas para que se poida canalizar a auga pluvial correctamente”.

Os proxectos atópanse desde onte na Plataforma de Contratación do Sector Público, con prazo para a presentación de ofertas fixado ata o 11 de decembro

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado