- O sábado, 13 de xuño, poderanse visitar Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza. O prezo: 35 euros, con xantar e desprazamentos incluídos.
- A reserva de prazas dividirase en dúas quendas: empadroados en Ares dende o 11 até o 22 de maio e non empadroados a partir do 25 deste mes.
A Concellaría de Igualdade e Benestar promove unha visita a varias localidades de Portugal, con desprazamento en autobús de ida e volta e tamén xantar xa organizado dentro da iniciativa.
Así, quen se sume á saída poderá explorar os municipios lusos de Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza, os que conforman a fronteira con Galicia e están caracterizados pola súa historia, tranquilidade e arquitectura. O típico viño verde, o bacallau ou as tendas de tecidos continúan a facer desta saída unha boa oportunidade para desfrutar e pasalo ben.
A proposta municipal parte dun prezo de 35 euros e organizarase ao longo do sábado, 13 de xuño, con buses dende Chanteiro e dende a Porta do Sol, con paradas en Caamouco e Lubre. Contémplase marchar ás 08:00 h. dende Ares e saír posteriormente dende Portugal ás 18:45 h. (horario español).
INSCRICIÓNS DISPOÑIBLES DENDE A VINDEIRA SEMANA
A área de Benestar abrirá as inscricións de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais ubicado na Praza da Constitución de Ares. As persoas empadroadas poderán reservar praza dende o 11 até o 22 de maio, e o resto de interesados a partir do día 25.
Quen o desexe pode achegarse até o Servizos Sociais de luns a venres, de 8:00 a 14:30 h., e formalizar alí a inscrición até o 5 de xuño, última xornada para efectuar o pago do prezo da excursión. Só poderán anotarse varias persoas á vez cando se trate da mesma unidade familiar.
Para máis información, habilitouse o número de teléfono 981 448 354.


