O Concello promove dúas novas sesións da Academia AresXSaúde esta semana

Comparte esta nota de prensa

  • Ao longo da xornada do 16 de xaneiro, a vila contará cun obradoiro centrado en almorzos e merendas saudables e unha charla divulgativa sobre a xestión da diabetes hoxe en día.
  • Ambas iniciativas contan coa colaboración da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra.

 

O programa municipal centrado na divulgación de hábitos saudables entre a veciñanza, a Academia AresXSaúde, encara a súa actividade de xaneiro ofrecendo dúas sesións co foco posto na nutrición durante a tarde do venres, 16.

A primeira delas, Almorzos e merendas saudables, realizarase no Club Náutico de Ares ás 17:00 h. baixo o formato de obradoiro práctico impartido por Eva Pazos, profesora na escola gastronómica Oído Cociña. Entre os contidos, divulgaranse 3 receitas fáciles e prácticas tanto para o almorzo como para a merenda, tendo en conta a posibilidade de reducir ingredientes como o azucre.

Despois, preto das 19:00 h., a Alianza Aresana acollerá a charla ‘A xestión da diabetes hoxe en día’, onde se debullará como convivir e coñecer o día a día desta doenza metabólica na cotiandade coa axente educativa pola Federación Española de Diabetes, Azucena Fernández.

O obradoiro precisa de inscrición previa no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 448 354, namentres que a charla divulgativa é de entrada libre até completar aforo no salón de actos da Alianza. En ambos casos cóntase coa colaboración fundamental da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Rosalía de Castro rexorde en Ares!

Ao longo da semana pasada, o municipio mergullouse na conmemoración dunha das figuras esenciais da literatura galega coa celebración do Día de Rosalía 2026, a