O Concello publica as actividades deportivas municipais que se promoverán na vila a partir de setembro

Comparte esta nota de prensa

As persoas interesadas poderán reservar praza nelas en dous procesos de inscrición diferenciados: un para empadroados, aberto dende hoxe, luns 19 de agosto, ás 14:00 h. até o 26 de agosto, inclusive, e outro para non empadroados dende o 27 de agosto en adiante.

A Concellaría de Deportes vén de desvelar hoxe a oferta de actividades municipais que deseñou para arrancar o mes de setembro, unha planificación que dinamiza tanto o núcleo urbano aresán como Cervás, Caamouco e Chanteiro.

Deste xeito, Ares contará dende o próximo mes cun programa de actividades deportivas destinado a persoas maiores de 14 anos que xoga coa diversificación, incorporando dende ioga e pilates a sesións de tonificación e ximnasia ou mesmo zumba e baile latino, para que o deporte tamén camiñe da man da música.

Para formalizar a reserva de praza, habilitáronse dúas quendas de inscrición: do 19 ao 26 de agosto, inclusive, no que atinxe aos empadroados/as, e do 27 de agosto en adiante para non-empadroados até completar os grupos que se precisen dentro de cada actividade.

Este proceso realízase de forma integramente telemática na web municipal www.concellodeares.gal, cubrindo o formulario que se atopará no apartado das Actividades Deportivas Municipais 2024-2025. Posteriormente,  a área de Deportes comunicará os seguintes pasos administrativos, a disponibilidade de praza e o comezo das actividades individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.

Do 9 ao 16 de setembro, ambos inclusive, farase o pagamento de matrícula (10,13 euros para empadroados/as e 18,99 euros) para non empadroados/as e a taxa correspondente segundo a actividade.

LIGAZÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS: ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2024-2025 MÓVETE! (google.com)

 

REUBICACIÓN DE ACTIVIDADES POR MOR DAS OBRAS NO PAVILLÓN

O comezo das obras de renovación do pavilllón polideportivo de Ares, que inclúen a substitución e mellora da cuberta, iluminación, envolventes ou mesmo o sistema de auga quente sanitaria conleva un traslado das actividades deportivas que inicialmente se promovían alí.

Ata a súa finalización, as actividades deportivas que teñan como epicentro o pavillón polideportivo de Ares (nomeadamente, pilates, tonificación, zumba e baile latino) reubicaranse no edificio sociocomunitario de Seselle até o remate da intervención no pavillon. O resto de actividades terán lugar como de costume na Casa da Xuventude e nos espazos habilitados dentro das parroquias aresáns.

Dende a Concellaría de Deportes expoñen que tamén en setembro se completará a oferta para o vindeiro curso coa difusión das escolas deportivas municipais.

TRIPTICO ACTIVIDADES MUNICIPAIS DEPORTIVAS 24-25

Pódeche interesar