O Concello traslada os seus parabéns ao Club de Remo de Ares polo ascenso á ACT

Comparte esta nota de prensa

O Club de Remo de Ares volveu a casa tras cunha das mellores novas: despois de dous anos, certificou o seu ascenso á ACT nos play-off deste fin de semana en terras  vascas.  A Santa Olalla de Lubre regresa á elite estatal do remo coa mesma humildade, capacidade de loita e entrega que amosan regata tras regata, e cunha afición xabrenta que os acompaña alá onde sexa necesario.

O consistorio acolleu a celebración do ascenso no municipio durante a noite de onte, cunha fachada que se tinguiu de azul en homenaxe ás cores do Club de Remo de Ares. Unha recepción para vitorear, apertar e aplaudir un ascenso que enorgullece á vila, mais tamén lembra o traballo de remeiros e equipo técnico na procura deste logro.

Parabéns, guerreiros xabrentos!

Pódeche interesar