A Biblioteca Municipal de Ares acolleu este xoves a presentación de Espigas queimadas, a nova novela de terror psicolóxico do escritor mugardés Pablo J. Rañales.
O autor conversou con José Montero ‘Peli’ sobre o proceso creativo da obra, os bucles afectivos e os medos que atravesan as relacións e a sociedade actual, nun encontro próximo e distendido co público.
A presentación contou coa colaboración da libraría Áncora. Ao remate, Rañales asinou exemplares da súa novela.


















