O “ConciliAres” pon fin á súa programación lúdico-educativa do mes de xullo e prosegue coas súas actividades durante todo o mes de agosto!

Comparte esta nota de prensa

O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Benestar, o ConciliAres, encarou onte a súa última xornada de actividade correspondente ao peche de xullo, e estrénase hoxe nas actividades que desenvolverá durante todo o mes de agosto.

Así, nesta nova etapa, continuarase ofrecendo unha variada programación centrada na diversión, pero sempre desde unha perspectiva formativa para os nenos e nenas que forman parte deste servizo municipal.

As actividades lévanse a cabo en espazos naturais de especial relevancia, como a praia urbana de Ares, o Parque Rosalía de Castro ou a contorna de Lubre, o que permite aos nenos e nenas explorar a natureza, alternándoo con xogos que van desde a captura de tesouros ata a expresión artística en talleres de pintura.

En definitiva, tanto xullo como agosto están marcados pola diversión, a conexión co patrimonio natural, o desenvolvemento de habilidades artísticas e a posibilidade para as familias de conciliar a súa rutina laboral co coidado dos máis pequenos.

A continuación, presentámosvos unha pequena recompilación de imaxes que capturan algúns dos momentos destacados que nos deixou o mes de xullo no noso programa ConciliAres!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,