Unhas formacións que se poñen en relación co 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, e que achegan contidos básicos para traballar a igualdade de xénero entre o alumnado da ESO.
A iniciativa, promovida polo Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ares e o propio centro educativo no marco do Pacto de Estado, afonda nas relacións afectivas saudables, define o concepto de violencia de xénero e divulga múltiples pautas para previla na contorna dixital.
A primeira sesión realizouse o xoves pasado, mais haberá unha segunda esta mesma semana, ambas dirixidas por Rubén Villar Trenco, psicólogo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller.