O CPI As Mirandas celebra o Día do Orgullo Neofalante cun taller de creación de podcast sobre a música en galego

Comparte esta nota de prensa

O taller levarase a cabo en dúas sesións, a primeira das cales tivo lugar esta mesma mañá

Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, coa colaboración do CPI As Mirandas, forma parte das actividades planificadas para conmemorar o Día do Orgullo Neofalante, que oficialmente se celebra o 1 de outubro en honra ao nacemento de Andrés do Barro, unha figura central na promoción da lingua galega.

O alumnado da ESO do CPI As Mirandas foi o destinatario desta iniciativa que se centra na creación de podcasts sobre a música en galego, co de obxectivo conectar coa mocidade e promover o uso do galego en diferentes contextos, mostrando a súa vitalidade.

A primeira sesión do taller desenvolta hoxe enfocouse na introdución do propósito da actividade e a presentación dos referentes da escena musical galega, pasando pola reflexión sobre a diversidade lingüística e os usos lingüísticos. Os participantes traballaron en grupos para profundar no coñecemento dalgúns dos artistas máis destacados na actualidade, como parte da preparación do guión do podcast “Somos un pobo de artistas”. A segunda sesión, que se levará a cabo en próximas datas, incluirá a gravación do podcast.

Este taller non só promove a lingua galega entre a mocidade, senón que tamén celebra a riqueza cultural de Galicia a través da súa escena musical contemporánea. Con esta actividade, os participantes teñen a oportunidade de aprender, crear e compartir o seu aprecio pola música en galego nun día especial dedicado ao orgullo neofalante.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado