O deporte aresán continúa acadando novos éxitos

Comparte esta nota de prensa

O Concello traslada os seus parabéns ao Numancia polo recente ascenso a Primeira Galicia 2023-2024 aínda con tres xornadas por diante, un logro que exemplifica o esforzo e a unión do equipo, mais tamén un modelo de club moi vencellado á vila, á súa canteira e ós aresáns.

Tamén o noso veciño Hugo Martínez acadou novos recoñecementos deportivos, obtendo o 1º Posto no Campionato Galego Latino na modalidade Youth, xunto coa súa compañeira de baile Sabela Manso, e o 1º Posto no Campionato Galego Standard, amosando o seu talento no baile.

Ao Numancia, os seus xogadores e afición, e a Hugo Martínez, grazas por espallar o nome de Ares. Noraboa!

Pódeche interesar

Notas de prensa

O MercAres encara a súa recta final

Lembra que ata o 31 de xaneiro, a campaña de fomento do consumo local do Concello segue activa! En xogo continúan os premios de 5,

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de