Para conmemorar o Día das Bibliotecas que se celebra mañá, a Biblioteca Municipal de Ares organiza un obradoiro para público adulto e mozos/as de máis de 12 anos. Desta volta, a actividade centrarase no deseño de booktrailers, pequenas pezas de vídeo nas que se falen dos libros que máis nos gustan! Poderase escoller un do catálogo da biblioteca ou traelo da casa.
O obradoiro é totalmente de balde, e só precisa que os participantes leven os seus teléfonos móbiles ou tablets para a gravación dos booktrailers.
🗓️ Este venres, 24 de outubro
🕖 A partir das 18:30 h.
📍 Na Alianza Aresana.
Con inscrición previa presencialmente na Biblioteca ou no teléfono ☎️ 981 448 057.
Actividade inscrita no programa de dinamización lectora ‘Ler conta Moito’.