Na sesión de onte dos obradoiros de memoria municipais que se promoven na Biblioteca Municipal de Ares, as participantes animáronse a celebrar neste mes de abril a efeméride do Día do Libro.
Traballaron conxuntamente para deseñar un pequeno mural que xa está pendurado nas instalacións da Alianza Aresana, sacando a relucir a súa creatividade.
Velaquí embaixo, o proceso e resultado.




