No marco do proceso de elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período 2021-2027, o Grupo de Acción Local Pesqueiro Golfo Ártabro Norte promove encontros de traballo conxunto coa finalidade de acadar unha estratexia de futuro para esta zona costeira, que contribuirá a optimizar o aproveitamento dos fondos para a próxima liña de axudas no noso ámbito territorial.

Co propósito de aunar esforzos e materializar o necesario traballo en común, animanos aos axentes sociais implicados (asociacións, clubs, confradías…) a asistir á xuntanza que se levará a cabo o vindeiro martes 23 de agosto, ás 17 horas, na Casa do Pescador de Miño, onde se celebrarán tres mesas sectoriais para abordar cuestións relativas á igualdade, á inclusión social e ao relevo xeracional do sector pesqueiro, coas que poder darlles visibilidade dentro da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para a zona costeira da que forma parte o noso municipio.

Ademais, lembramos que continúa aberta a enquisa coa que se está a recoller suxestións e recomendacións para a elaboración da Estratexia FEMPA 2021-2027, a través dun breve formulario para aportar ideas, que axuden a unha transformación positiva dos territorios que integran o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro, como é o caso de Ares, e da súa realidade socioeconómica.

Se queres unha información máis detallada sobre este proceso participativo podes poñerte en contacto co Equipo Técnico no teléfono 981 784 417 ou enviando un mail a galp.mar.golfoartabronorte@xunta.gal

Formulario online:
https://tinyurl.com/3b6dsw7e

+ Info mesas de traballo:
https://www.facebook.com/galpgolfoartabronorte16/photos/a.551148821739935/2074152746106194/