O MercAres encara a súa recta final

Comparte esta nota de prensa

Lembra que ata o 31 de xaneiro, a campaña de fomento do consumo local do Concello segue activa!

En xogo continúan os premios de 5, 10, 20 ou 100 euros nos vales-rascas que integran o MercAres. Só tes que facer unha compra superior a 10 euros nalgún dos máis de 90 negocios adheridos para recibir o teu rasca, e se resultas agraciado poderás investir o importe nos propios comercios participantes.

Un xeito de promover un consumo máis circular e solidario, que apoie ao comercio local de Ares! Non dubides en sumarte nas vindeiras semanas.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Día do Cómic 2026 en Ares

Snoopy, Spiderman, algún Pikachu… os máis pequenos e pequenas da vila celebraron nestes últimos días o Día do Cómic 2026 grazas aos obradoiros creativos que