O Móvete VeraneAres comeza coas súas sesións de baile latino

Comparte esta nota de prensa

A Praza da Constitución de Ares acolleu onte a primeira clase de baile latino inscrita dentro da programación estival do Concello “Móvete VeraneAres”. Xullo e agosto serán meses para o movemento, a música e o deporte a través da actividade organizada onte e a sesión que haberá mañá, 7 de xullo, desta volta de zumba.

A área de Deportes vén de lembrar que todos os martes, de 20:30 a 21:30 horas, se promoverán as clases de baile latino, namentres que os xoves se reserva a zumba, ambas totalmente de balde, complementándose mutuamente e para maiores de 12 anos.

As dúas actividades seguen o mesmo método de reserva, requirindo inscricións por xornada ata as 11:00 horas do día anterior á actividade chamando ao teléfono 981 448 057, cun horario de atención de luns a venres, de 9:00 a 13:00.

 

Pódeche interesar