A través desta iniciativa, tivemos o privilexio de presenciar a extraordinaria interpretación da Capella Sancta Maria, baixo a dirección do coruñés Enrique López-Cortón. Os asistentes gozaron dun concerto único, tiveron a oportunidade de explorar os recunchos do noso histórico cenobio e, sen requirir coñecementos musicais previos, mergulláronse na beleza das composicións medievais e renacentistas. Como colofón, todos uníronse para interpretar unha emotiva Cantiga de Santa María nun coro improvisado. Foi unha xornada completa!!!

Notas de prensa
A Biblioteca Municipal de Ares despide a súa programación de Samaín co contacontos «Tarecos e castaña do alén»
A Biblioteca Municipal de Ares puxo onte o broche de ouro á súa programación especial de Samaín coa celebración da sesión de contacontos familiar «Tarecos









