O Parque Rosalía de Castro acolleu unha nova edición da Festa do Arroz con Garrafón

Comparte esta nota de prensa

A terceira edición desta cita gastronómica celebrouse o pasado sábado no Parque Rosalía de Castro cunha gran resposta de público: vendéronse todas as racións preparadas para unha xornada que xa se consolida dentro do verán aresán.

O arroz con garrafón volveu render homenaxe á figura de Ramón Rey,Garrafón”, e á súa lembrada expresión: “Por terra, mar e aire… e por debaixo da auga…”, inspirando un prato con ingredientes procedentes do mar, da terra e da horta.

Dende o Concello esténdese un especial agradacemento ao traballo da Comisión de Fiestas de San Roque – Ares, que fixo posible esta terceira edición con esforzo e moita ilusión.

Tamén o noso recoñecemento a Pepe Aira, que se desprazou dende Sober para achegar a súa experiencia na elaboración de paellas xigantes. O alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo, quixo agradecerlle a súa colaboración coa entrega dun pequeno detalle conmemorativo.

Grazas a todas as persoas que vos achegastes para compartir mesa e conversa!

 

Pódeche interesar