Se estás interesado/a en adquirir un nicho ou columbario, podes presentar a túa solicitude de forma presencial nas oficinas do rexistro municipal ou a través da sede electrónica municipal.
Os nichos e columbarios asignaranse por orde de inscrición e realizarase un sorteo público unha vez completada a oferta. O prezo por unidade oscila entre 2.450 e 2.650 euros para nichos e entre 850 e 950 euros para columbarios, sen incluír o IVE.
Podes obter o modelo de declaración e ampliar a información aquí: