O psiquiatra Tito Núñez analiza en Ares os retos en materia de saúde mental

Comparte esta nota de prensa

A veciñanza aresá tivo a oportunidade de escoitar o pasado venres ao psiquiatra Tito Núñez, con ampla experiencia no sector sanitario na comarca de Ferrolterra, na última sesión da Academia AresXSalud que promove o Concello. A súa intervención, centrada na evolución da saúde mental ao longo das diferentes etapas da vida, puxo enriba da mesa un dos temas máis relevantes na sociedade contemporánea: como nos afecta emocionalmente un mundo cada vez máis acelerado e esixente.

Núñez, con máis de dúas décadas á fronte do Servizo de Psiquiatría do CHUF e actualmente coordinador de Saúde Mental na Área Sanitaria de Ferrol, compartiu as súas análises e reflexións arredor da ausencia límites e o impacto dun mundo frenético, destacando a importancia de coidar da nosa saúde emocional como parte esencial do benestar.

Porque prestar atención á nosa mente, contribuír ao seu coidado, tamén é chave para promocionar unha vida máis saudable e de calidade.

 

Pódeche interesar