O SendAres adéntrase no misticismo da Ruta dos Mortos

Comparte esta nota de prensa

17 quilómetros foron os que percorreron os camiñantes da sexta ruta do SendAres 2024-2025, unha experiencia que transitou unha paisaxe cargada de lendas, historias ancestrais e cantís de beleza indómita.

O programa municipal de sendeirismo do Concello desenvolveu o seu último itinerario este pasado domingo arrancando a súa andaina no Cabo Ortegal, cruzando os montes do Limo para seguir o camiño das almas e encarar a volta desta travesía chea de simbolismo.

Acompañados polas ondas do mar, exploraron este territorio de moita literatura oral, onde se difuminan as fronteiras entre o mundo dos vivos e o dos mortos, unha zona liminar onde poden resoar os ecos dos defuntos. E así, coma sempre, natureza e deporte uníronse para conformar unha experiencia esixente e única.

Vémonos no seguinte SendAres!

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local