O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, achegouse onte á Casa da Xuventude para inaugurar os módulos formativos destinados a pequenas empresas da localidade inscritos dentro de Rural TIC Ares, o programa de obradoiros totalmente de balde que promove o Concello xunto co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana centrados na divulgación tecnolóxica e o fomento da dixitalización nas vilas.

Así, na xornada que daba inicio ao primeiro obradoiro, os representantes dos negocios locais achegáronse a nocións básicas de posicionamento na rede, especificamente en Google My Business, a ferramenta que permite construír un perfil de empresa e xestionar a información dispoñible: as fotografías do local, as reseñas, os horarios…

A maiores, debullaron os elementos fundamentais para ter unha páxina web, dende o hosting, o servizo de aloxamento web, até o Content Manager System (CMS), o sistema para a organizar, crear e publicar contidos na Internet.

A próxima sesión realizarase hoxe mesmo, centrándose nun módulo para arrancar a crear un sitio web básico con WordPressGoogle Sites, configurándose coma a última xornada antes da clausura de mañá, venres, 26 de abril, de todo Rural TIC.

Pódeche interesar