O V Congreso de Fotografía de Longa Exposición recalará no Mosteiro de Santa Catalina

Comparte esta nota de prensa

Nas xornadas do 29 e 30 de xullo, en horario de tarde, Ares será o epicentro dun evento focalizado na fotografía, con faladoiros e presentacións arredor de instantáneas diurnas e nocturnas.

Así, o V Congreso de Fotografía de Longa Exposición de Ares (LEA) achegará ós participantes unha panorámica xeral de como traballar con astrofotografía e técnicas asociadas ó light painting (pintura de luz), da man de profesionais e empresas do sector.

A promotora do Congreso, a Asociación de Fotografía de Ferrolterra, pon a disposición o correo electrónico afferrolterra@gmail.com e o teléfono 698 165 665 para maior información. E se desexas inscribirte, podes facelo a través da seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdnu8C5RTtYm3c3tjcC9CPyRKeOy8d8qQryP_NX-RBSQdlOxA/viewform

Aquí embaixo atoparás a programación completa do evento!

Pódeche interesar