Toma nota dos prazos de reserva de posto, que empezan hoxe mesmo!

  • Empadroados/as no municipio: As inscricións realizaranse os días 26 e 27 de xuño.
  • Resto de participantes: As inscricións estarán abertas desde o 29 de xuño ata esgotar as 120 prazas dispoñibles.

Lembra que as solicitudes de participación débense realizar fisicamente na biblioteca municipal de Ares, situada na Rúa María, 11. Debes presentar a solicitude de reserva de posto, que podes obter na biblioteca ou descargar desde a páxina web municipal. Ademais, é necesario realizar o pago do importe exacto do posto ao momento da inscrición.