A Igrexa de San Xosé de Ares acollerá o vindeiro domingo, 21 de decembro, a partir das 18:00 h., o Festival de Panxoliñas organizado pola Concellaría de Cultura, un certame no que se achega unha boa mostra da música coral da localidade.
Acadando a súa décimo cuarta edición, a veciñanza poderá desfrutar das obras corais da contorna aresán grazas as actuacións do grupo Son de Troula, a Rondalla Trovadores de Ares, a Banda de Música da Asociación Cultural Xábrega ou o Coro da Igrexa Evanxélica do municipio.
Unha tarde de cultura, de música e de celebración!

