Os escolares de Ares e Mugardos Mugardos tecen lazos arredor do tenis de mesa

Comparte esta nota de prensa

Estes días, o tenis de mesa serviu como punto de encontro entre o estudantado de Ares e Mugardos. Rapazada de diferentes centros educativos da contorna compartiron varias xornadas pensadas para aprender co deporte, divertirse e convivir a través do ping-pong.

Ao longo do pasado luns e neste mesmo mércores, alumnos e alumnas de Primaria do CPI As Mirandas, do CEIP Santiago Apóstol de Franza e da Unión Mugardesa colleron as raquetas de tenis de mesa no pavillón polideportivo aresán para xogar xuntos e, xa de paso, coñecer a compañeiros doutro concello.

Unha xornada de intercambio entre escolares para fomentar valores e tender pontes dende idades temperás, organizada pola Escola Municipal de Tenis de Mesa de Ares –baixo a coordinación do club Cidade de Narón— e inscrita no programa XOGADE da Secretaría Xeral do Deporte.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.