Os gañadores do sorteo do DegustAres xa teñen os seus premios!

Comparte esta nota de prensa

Ao longo da pasada semana todos os participantes do concurso de pinchos que completaron debidamente a ruta e resultaron gañadores do sorteo recolleron no Consistorio os seus premios: os cheques por valor de 100 euros para empregar no comercio local.

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, foi a encargada de facer a entrega a cada un deles, agradecéndolles a participación e salientando que os premios deberán investirse nos establecementos aresáns. Para facilitar o seu uso, os agraciados recibiron os cheques fraccionados en vales de menor importe ata completar o valor total do premio.

Parabéns

 

Pódeche interesar