OS MAIOS EN ARES 2026

Comparte este evento

1 de maio no parque Rosalía de Castro.

Dende as doce do mediodía comezaremos facendo os MAIOS. Podedes participar, facelo voso, traer tuia, piñeiro…

Deseguido, co remate dos Maios, teremos o XANTAR POPULAR. Cada un pode levar a súa comida e partillar se quere. Haberá mesas postas, ou podes deitarte no campeiro.

Nós venderemos CUNCAS e VIÑO

Botaremos unhas ó xogo tradicional das OLAS

Ó longo da xornada teremos música tradicional galega.


Teremos postos de artesanía: Luisa da Silva, 2ndenini, Pollitomanualidadesferrol…


OBRADOIRO para socios da man de Mukina a partir das 17:00h

Unha xornada de lecer e tradición

VIDE CONNOSCO!


ORGANIZAN:

  • O Rueiro de Ares

  • Concello de Ares

Pódeche interesar...

Eventos

Xornada sobre violencia de xénero 2026

O Concello de Ares organiza este mes de decembro unha xornada de reflexión, formación e sensibilización aberta á participación, centrada na resposta ante as violencias

Eventos

Concerto Día do Músico 2026

Data: Sábado, 21 de novembro de 2026 Hora: 17:30 h Lugar: Casino Aresano (Ares) Actuacións: Coral A.C. Cruceiro do Monte (Teo). Rondalla de Cariño. Coro