Praza da Igrexa

A torre do reloxo, emblema da vila, foi construída no século XVIII, por emprendimento municipal, co fin de dotar á vida aresana dun sistema horario colectivo e dunha campá para avisos propios do Concello. Situouse a carón da igrexa de San Xosé, centro da vida comunitaria, e á beira do río da Cachorra, hoxe canalizado baixo a superficie da praza.

A torre parece terse beneficiado do desmantelamento do mosteiro de Montefaro durante a desamortización de Mendizábal, no século XIX, e segundo algúns estudosos a súa campá procedería do mosteiro. O actual mecanismo do reloxo foi agasallado polos irmáns Bugallo, tamén emigrantes en Cuba e notábeis da vila, en 1908.

Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

 

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Ares. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?