Hoxe, ás 22:30 horas, contaremos coa primeira película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2023. Será a quenda de “A todo tren”, un divertido filme de animación para toda a familia que narra as aventuras duns pais na procura duns nenos extraviados.

A iniciativa, organizada polo Concello en colaboración coa Rede Cultural da Deputación, realizarase na Praza da Constitución de Ares, mais en caso de choiva, trasladarase á pista polideportiva.

Non perdas a oportunidade!