O departamento de Servizos Sociais informa de que está aberto o prazo de solicitude do programa “Xuntos polo Nadal 2022”, promovido pola Consellería de Política Social. Un programa dirixido ás persoas que por circunstancias se atopen soas nestas datas.
Ofértanse estancias en Nigrán e O Carballiño en dúas quendas (do 23 ao 30 de decembro, e do 31 de decembro ao 7 de xaneiro), en réxime de pensión completa, con desprazamento en autobús dende Ferrol e actividades de animación sociocultural.
As persoas beneficiarias deberán ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes, estar empadroado nalgún concello galego, vivir só e ter que pasar só/a as datas do Nadal, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais.
A solicitude deberá ir acompañada dunha declaración responsable e dun informe social do Concello, polo que as persoas interesadas poden solicitar cita previa nos Servizos Sociais municipais, no teléfono 981 468 354, onde se lles emitirá dito informe e toda a axuda necesaria para a tramitación da petición. O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de novembro.