Proseguimos co repaso de actividades programadas polas Letras Galegas 2023!

Comparte esta nota de prensa

 O pasado luns, 22 de maio, o público familiar desfrutou da celebración do Día das Letras Galegas con Fantoches Baj e A viaxe Feliz de Ramón Sanfiz, inspirada no libro Galicia de Fernández del Riego!

E o pasado xoves, 18 de maio, celebrouse no CPI As Mirandas unha iniciativa moi especial: “O galego dá moito xogo”, unha carreira de relevos con quebracabezas con frases ao redor da lingua e do deporte que foron do máis motivadoras para o alumnado!

Velaquí podedes comprobar a implicación da rapazada nesta actividade de dinamización lingüística, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade e a Concellaría de Cultura de Ares, coa colaboración do CPI As Mirandas!

 

 

Pódeche interesar