PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “ConciliAres” (SERVIZO DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2022)

Comparte este evento

INTRODUCIÓN:

Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito maioritario, durante os meses de verán. Prográmanse centos de actividades ao longo do noso territorio co obxectivo de ofrecer un recurso de educación no tempo libre para os nenos/as e mozos/as, e de conciliación para as familias galegas durante a época estival.
Qué é este Servizo?

O Servizo de “Conciliares ” é unha actividade de eido lúdico-educativa, onde os nenos e nenas poderán realizar actividades adaptadas e divertidas á vez que aprenden e desenvólvense, axudando así tamén ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar.

Este servizo, lévase a cabo dende a Concellaría de Servizos Sociais, seguindo unha rigorosa orde de selección segundo os criterios de acceso (páxina 5), e donde teñen preferencia os casos de emerxencia social e aquelas familias nas que ámbolos proxenitores traballen.

Ademais, para unha correcta labor do servizo contaremos con:

– Varios educadores (segundo a normativa vixente o esixa) coa cualificación necesaria para exercer a labor.
– Un/unha limpador/a-coordinador/a covid-19, que estará pendente en todo momento da hixienización dos espazos donde se leven a cabo as actividades, e avisaría ás autoridades pertinentes se houbese algún posible caso de covid.

OBXECTIVOS DO SERVIZO:

Obxectivos xerais:

– Fomentar a conciliación da vida laboral e familiar das persoas usuarias.
– Contribuír á formación integral das persoas seleccionadas, potenciando a oferta de actividades de carácter educativo, deportivo, artístico, de lecer, de promoción da saúde e de habilidades persoais.
– Potenciar valores e actitudes, así como o desenvolvemento da autonomía persoal e superación de dificultades.
– Fomenta-la utilización da actividade lúdica como un recurso educativo e creativo no tempo libre.
– Facilita-la maduración da personalidade dos nenos e nenas nos seus diferentes ámbitos: cognitivo, psicomotriz e psicosocial.
– Apoia-la coordinación co tecido asociativo en tódolos niveis municipais.
– Fomentar hábitos de respecto, convivencia, igualdade e solidariedade, potenciando os valores positivos do pluralismo, a tolerancia, a coeducación e o respecto á diversidade.

Obxectivos específicos:

– Promover estilos de vida saudables.
– Promove-las actitudes e valores de igualdade de xénero.
– Conseguir que as persoas seleccionadas adquiran unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre.
– Desenvolver a autoestima dos nosos nenos e nenas
– Mellorar as relacións entre os nenos e nenas e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
– Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade das persoas seleccionadas.
– Favorecer a toma de decisións.
– Favorecer a autonomía persoal dos nenos e nenas.
– Promover a resolución pacífica de conflitos.
– Facer fincapé nalgunha/s dificultade/s que poidan condicionar a aprendizaxe nas materias instrumentais básicas.
– Favorecer o desenrolo cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.
– Proporcionar ós nenos un espazo especializado no xogo, onde aprender xogando, divertirse, desenrolar a imaxinación e a creatividade xunto co seu grupo de iguais sexa o máis importante.
– Facilitar a integración e o desenrolo dos nenos e da nenas con necesidades educativas especiais ou en situación de emerxencia social a través do xogo, xa que este é un elemento integrador que logra que adquiran rutinas, normas simples, valores sociais e de convivencia, etc.
– Afianzar os coñecementos académicos básicos que adquiren na escola por medio dunha metodoloxía lúdica.

Todo isto, mediante unha serie de actividades que máis adiante describiremos e para as que seguimos unha serie de criterios:

– Adecuación aos principios educativos.
– Consideración dos obxectivos, facendo sobre todo fincapé nas medidas sanitarias existentes.
– Motivación para unha aprendizaxe significativa.
– Coherencias pedagóxico-didácticas.
– Fomento de actitudes solidarias ante a realidade social e cultural.
– Afianzamento de comportamentos baseados en valores humanos.

DESTINATARIOS

Nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e os 12 (ver punto criteriso de acesso e preferencia)
40 prazas por quincena.

HORARIO

O horario é o seguinte:
Xullo e agosto de 8:30 a 14:30 h. de luns a venres, agás festivos.

INSTALACIÓNS

Esta actividade lévase a cabo:
• Pista cuberta do CPI As Mirandas.
• Aulas Escolas do Lago.

CRITERIOS DE ACCESO E PREFERENCIA DO SERVIZO:

Xa que o Servizo de “Conciliares” é un servizo destinado a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, os criterios de acceso seguirán a orde seguinte:

• Nenos empadroados no Concello de Ares con algún dos proxenitores traballando (periodización dos casos nos que traballen ámbolos dous proxenitores ).
• Nenos empadroados con informe previo dos Servizos Sociais.
• Nenos non empadroados no Concello de Ares con ambos proxenitores traballando e que mínimo un dos proxenitores traballen no termo municipal de Ares.
• Nenos non empadroados e sen ningún proxenitor traballando en Ares no caso de non cubri-las prazas ofertadas; o baremo será o da renda.

Anotacións:

• Terán prioridade aquelas unidades familiares que teñan un maior número de membros solicitantes desta actividade.
• A orde das listaxes dos participantes dentro de cada punto anterior virá dada pola renda da unidade familiar (de inferior a maior) e priorizando ós empadroados.

DOCUMENTACION A PRESENTAR:

As familias interesadas, dentro do prazo de solicitude, deberán presentar a solicitude mediante rexistro electrónico a través da páxina web

www.concellodeares.gal :

• Folla de inscrición cuberta.
• Autorizacións de saídas e imaxes.
• Xustificante ingreso Bancario unha vez sexa admitido/ a na actividade.
• Declaración da renda do exercicio 2020 , ou no caso de non estar obrigado a presentala, certificación da AEAT que acredite este feito ademáis dos datos fiscais que consten en la AEAT na que se poidan observar os ingresos anuais da unidade familiar durante o 2020.
• Fotocopia do DNI do neno ou nena ou no seu defecto fotocopia da folla onde aparece no libro de familia.
• Fotocopia da cabeceira da nómina, contrato en vigor dos proxenitores ou calquera outro documento legal que acredite a situación de empregabilidade do/s proxenitor/es e horarios( por conta propia ou allea ).
• Certificado de convivencia.
• Fotocopia do carné de familia numerosa no seu caso.
• Certificado médico de alerxias ou problemas médicos a ter en conta polo monitor/a, e avisar se as nenas ou nenos están de alta coma casos de alerta escolar no SERGAS.
• Informe emitido dende a Concellaría de Servizos Sociais, no seu caso.
• Convenio regulador de separación o divorcio se fose o caso/ sentencia xudicial.

Rematado o prazo de matrícula, publicarase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na páxina web do concello no apartado destinado á actividade, á que se poderán facer alegacións no prazo de dous días hábiles. Unha vez revisadas as alegacións formuladas publicárase a listaxe definitiva.

No caso de que exista maior demanda que oferta de prazas, elaboraráse unha listaxe de agarda seguindo os mesmos criterios anteriores.

No caso de variación das circunstancias laborais dalgún dos proxenitores entre o momento da solicitude e a publicación da resolución definitiva, as familias poderán solicitar a incorporación de novos documentos xustificativos para a súa valoración.

TAXAS:
Ver taxas en bases en pdf

Para o cálculo da tarifa teráse en conta a renda mensual per cápita referida ao IPREM vixente, entendendo por tal o resultado de dividir a suma dos ingresos anuais totais da unidade familiar entre 12 meses e o seu resultado entre os membros que a compoñen.
Para os efectos da presente regulación, ten a consideración de ingresos a suma da base impoñible xeral máis a base impoñible do aforro. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteránse como resultado da documentación económica achegada.

Excepcionalmente, se a unidade familiar alega unha diminución dun 20 % ou máis dos seus ingresos durante máis de catro meses consecutivos e se mantivesen na data de inicio do prazo de solicitudes fronte aos ingresos declarados na declaración do IRPF do exercicio anterior ao ano no que se solicita o servizo, poderán aportar esta documentación xustificativa da dita circunstancia para que se teña en conta a valoración.

A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar divididos polo número de membros computables.
Para o previsto nestas bases, considérase que compoñen a unidade familiar:

– Os pais/nais non separados legalmente e, no seu caso o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
– Os fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados.
– Os fillos/as maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
– Os fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediatamente anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita o servizo, sempre que non tiveran un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano anterior.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderáse constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do apartado anterior.

No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante do servizo. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unido/a ao pai/nai e que si que conviva co solicitante. A separación ou divorcio acreditaráse mediante sentenza xudicial que determine a mesma, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Poderá esixirse en calquera momento a ampliación da documentación acreditativa das diferentes circunstancias que se teñen en conta no baremo de bonificación das taxas.

A omisión, falsedade dos datos ou dos documentos achegados, serán causa de denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.

NORMAS SOBRE A IMPUTACIÓN DAS COTAS

Aquelas persoas solicitantes que non acheguen a documentación requirida para a determinación da súa capacidade económica, no prazo de subsanación correspondente, aboarán a tarifa prevista para aquelas unidades familiares cunha renda per cápita superior ao 100% do IPREM.

BENEFICIOS FISCAIS

Terán dereito as seguintes bonificacións:

• Bonificación do 30% para os nenos e as nenas pertencentes a familias numerosas
• Bonificación do 30% dende o 2º irmá/n dentro da actividade (desconto aplicable para o segundo irmá/n e seguintes ) .

Os beneficios fiscais recollidos neste apartado, non serán acumulables no caso de concorrer estas dúas circunstancias na mesma praza.

A solicitude de bonificación de taxas deberá facerse por escrito no momento de presentar a solicitude do servizo.

DEVENGO

A obriga de pagamento para os usuarios nace cando se produza a notificación de admisión no servizo mediante a publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido (a cota a aboar poderá consultarse no Departamento de Servizos Sociais ) e na forma que se indique na devandita resolución.

A non asistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón redución ningunha, nin extinción da taxa, mentres non se formalice a baixa correspondente cun mínimo de quince días antes de que comece cada quenda.

NORMAS DE XESTIÓN

Os/as usuarios/as realizarán o pagamento do servizo mediante transferencia bancaria no número de conta que se designe na resolución de admisión e sempre antes de comezar a recibir o servizo.

As cantidades aboadas só se devolverán no caso de non poder utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.

Os pagos do servizo, deberán estar ao día ao comezo de cada quincena solicitada.

PRAZO DE SOLICITUDE :

O prazo para presentar a solicitude comezará o lúns 16 de Maio de 2022 e rematará o martes 31 de Maio ( incluído).

Anotación: As solicitudes que vaian a ser entregadas no Departamento de Servizos Sociais serán entregadas en horario de 9:00h a 14:00h ou por rexistro electrónico na Web Municipal.

A listaxe de admitid@s se publicara na paxina web e no taboleiro de anuncios do Departamento de Servizos Sociais o dia 6 de Xuño de 2022.

ACTIVIDADES:

Dun xeito xeral, as actividades de ocio educativo e tempo libre son espazos de diversión, de formación, e tamén de fondo espírito convivencial. Neste sentido, as programacións de actividades durante o verán soen ser interactivas e participativas para conseguir a integración e inclusión de todos os nenos e nenas e participantes, combinada cunha forte compoñente de educación en valores.

Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde-Presidente do Concello de Ares

LISTAXES CONCILIARES 2022

Achegamos os catro listados das quincenas de Xullo e Agosto do Programa. 

Os Admitidos/as en cada quincena disporán dun prazo máximo para facer o ingreso da cota, que se lles facilitará a partir do mércores 8 de xuño no Departamento de Servizos Sociais ou ben no Teléfono 981448354 Ou No Correo Electrónico

servizos.sociais@Concellodeares.Com

ADMITIDOS/AS PRIMEIRA QUINCENA DE XULLO: Ata o 17 de Xullo.
ADMITIDOS/AS SEGUNDA QUINCENA DE XULLO: Ata o 8 de Xullo.
ADMITIDOS/AS PRIMEIRA QUINCENA DE AGOSTO: Ata o 22 de Xullo.
ADMITIDOS/AS SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO: Ata o 5 de Agosto.

No caso de non facer ingreso, serán eliminados automaticamente da listaxe de admitidos e se chamara pro rigorosa orde os menores do listaxe de agarda (se efectuaran dúas chamadas telefónicas en dous dias seguidos, de non coller se pasara ao seguinte).

LISTAXES en pdf

Bases en pdf

Anexos en pdf

 

Pódeche interesar...

Avisos

SEREAS DAS MIRANDAS EQUIPO DE REMO

As Sereas das Mirandas é o nome baixo o que se inscribe o primeiro equipo galego de remo adaptado dirixido a mulleres que padeceron un