Hoxe, venres 29, poderás achegarte ata a biblioteca municipal (17:00 h.) para cantar clásicos navideños e outras cancións de hoxe dentro da iniciativa “Con música e letra, karaoke na biblioteca”. Anímate a participar acudindo caracterizado e con ganas de cantar e bailar en familia. A entrada é libre!

O sábado 30 poderás disfrutar dunha sesión de Zumba na praza da Constitución (12:00 h.) para despedir o ano con bo ritmo e moita diversión! Se aínda non estás anotado/a podes facelo ata as 12:00 horas de hoxe a través da páxina web do Concello.

Xa o domingo, 31 de decembro, a xornada arranca coa tradicional Carreira Popular Ares-Mugardos-Ares. 10 quilómetros dunha proba deportiva xa consolidada na nosa contorna e que ten a súa saída ás 11:00 horas desde o pavillón polideportivo aresán.