O Concello informa da redución do servizo de recollida de lixo no termo municipal por mor da folga de transportistas que se está a producir nas últimas xornadas e que afecta tamén á xestión de residuos sólidos na pranta de Sogama. O servizo mínimo que se establece en Ares operará aproximadamente a un 50 % da súa capacidade.
Dende o Concello rogan desculpen as molestias que poida ocasionar a situación á veciñanza e expoñen o desexo de que se acade unha pronta resolución da problemática.