ANUNCIO DE REVISIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN.
PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL.
Sendo as 10:30 horas do día 21 de decembro de 2023, reúnese a Comisión Seleccionadora para o proceso de selección “CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL”, integrada polos seguintes membros: Presidente D. José Luis Castro Feijóo, Secretario D. Manuel Larrosa Rodríguez e vocais: D. Javier Sánchez Romero – Dna Caridad Nieto Taramona e Dna Mª Concepción Dragó Porta, resolven:
Primeiro:- Visto o escrito presentado por Dna. Carla Carballeda Roca de data 18/12/2023 rexistro de entrada 1803, respostado polo tribunal mediante escrito rexistro de saída 877 de data 20/12/2023, con acuse de recibo da interesada de data 20/12/2023, e vista a súa impugnación da pregunta nº 8 do test do primeiro exercicio da fase de oposición, o Tribunal una vez estimada a súa reclamación anulando a pregunta nº 8 e pasando a corrixir a primeira pregunta de reserva, quedando as puntuacións do primeiro exercicio, unha vez anulada dita pregunta e incorporada a valoración da primeira reserva, como se indica a continuación, non incluíndo a valoración da aspirante considerada non apta, xa que unha vez revisado, mantense dita condición de non apta, quedando as puntuacións como se indica a continuación :
NIF | NOME E APELIDOS | PUNTUACION
CUESTIONARIO |
PUNTUACIÓN
CASO PRÁCTICO |
TOTAL |
***4554** | ADELAIDA FATIMA ABAD ISLA | 3 | 3 | 6 |
***5034** | CARLA CARBALLEDO ROCA | 4 | 2,5 | 6,50 |
***0407** | LAURA MARIA GROBAS PETEIRO | 4 | 4,5 | 8,50 |
***0197** | ÓSCAR CABANA GONZÁLEZ | 4 | 2 | 6 |
***0348** | PATRICIA SEOANE TORRENTE | 4,50 | 5 | 9,50 |
****963** | PAULA HERNANDO MARTINEZ. | 4,25 | 4 | 8,25 |
Compróbase que tódalas/os aspirantes son consideradas/os APTOS, trala revisión das puntuacións unha vez anulada a pregunta 8 e incorporada a primeira de reserva e procédese a realización do 2º exercicio.
Segundo.- A efectos de reclamacións, establecerase un prazo de dous días hábiles seguintes ao da publicación da presente na Web www.concellodeares.com.
En Ares a 26 de decembro do 2023
O Secretario