Ao longo da semana pasada, o municipio mergullouse na conmemoración dunha das figuras esenciais da literatura galega coa celebración do Día de Rosalía 2026, a efeméride que lembra o seu legado e relevancia no que é a Galicia de hoxe, ao tempo que lembra o seu nacemento un 23 de febreiro de 1837.
Así, o Concello deseñou tres propostas dirixidas a diferentes públicos para que puidesen achegarse á poeta galega.
Primeiro foron as persoas participantes dos obradoiros de memoria as que volveron aos poemas de Rosalía e á súa vida nunha sesión guiada o propio 23 de febreiro , e logo chegou a quenda dos máis pequenos de 5 a 10 anos dous días despois, onde descubriron o universo rosaliano a través do xogo e de moita creatividade .
Pechou o programa municipal coa mestura de música e poesía no espectáculo familiar de Luis Vallecillo ‘Cantamos con Rosalía’, unha iniciativa escénica cargada de diversión e mesmo baile.
Foi unha semana para lembrar a unha das autoras máis universais da literatura galega, para lela e homenaxeala!














