Rota Sendeirismo “Descobre Ares Verde”, Domingo 27 de Xuño

Comparte esta nota de prensa

Rota Sendeirismo “Descobre Ares Verde”, Domingo 27 de Xuño

Na xornada de onte levouse a cabo unha nova rota de sendeirismo guiada, correspondente cunha adaptación dos roteiros municipais sinalizados 1 e 2, partindo de Ares para achegarse ata Punta Coitelada, por sendeiros de dificultade media ao longo da costa, cun percorrido duns 15 km.   O desenvolvemento da actividade resultou moi satisfactorio tanto para a organización como para os participantes, poidendo desfrutar a experiencia de realizar unha actividade física en contacto coa natureza e facelo acompañados por guías de media montaña acreditados. A próxima saída programada será ao Parque Natural das Ubiñas-La Mesa os días 24 e 25 de xullo, con tódalas prazas xa esgotadas!

Pódeche interesar

Avisos

Ares contra o Cancro 2025

A casa consistorial de Ares luce durante toda esta semana unha nova iluminación ornamental sobre a súa fachada, facendo protagonista á cor verde e sumándose