Celebración no Parque Rosalía do acto en recoñecemento ás persoas que confeccionaron as máscaras para a veciñanza.

Comparte esta nota de prensa

O acto estivo presidido polo alcalde, Julio Iglesias, e foi presentado pola concelleira de Cultura, Alma Barrón, contando coa presenza dos concelleiros do grupo de goberno e os representantes de todos os grupos políticos da corporación.

O acto contou co acompañamento musical ao piano de Laura Morgade.

Alma Barrón deu o inicio lembrando o xesto de solidariedade que permitiu que a veciñanza de Ares e incluso do noso arredor poidese ter as máscaras que tanto escaseaban naqueles inicios desta pandemia, polo que o Concello de Ares non podía deixar de amosar públicamente o seu agradecemento a ese acto espontáneo de colaboración.

Alma Barron quixo extender tamén o momento ás costureiras e costureiros que non puideron estar presentes, dando a continuación paso ao alcalde.

Julio Iglesias resaltou que é algo do que nos podemos sentir moi orgullosos, pois nun corto espazo de tempo dispuxemos de 13.000 máscaras que nos protexeron a todos os veciños e veciñas de Ares, así como fábricas, empresas, concellos do entorno ou centros de traballo esenciais como panaderías, aos que se lles surtiu de máscaras nun momento onde non se podían adquirir en ningún sitio, algo que sucedeu grazas ás persoas ás que hoxe se lles rendeu recoñecemento.

Tras as palabras fíxose entrega a cada un dos asistentes dun agasallo procedente do comercio local consistente nunha fror e nunhas bolsas conmemorativas.

O alcalde agradeceu á corporación municipal por estar á altura nuns momentos de tanta dificultade, estando todos unidos, cun gran entendemento que aínda continúa.

O rexedor reiterou “o agrademento a todos os veciños e veciñas que nun momento tan crucial souberon facer o que tanto nos axudou, sobre todo para ter seguridade na cercanía dos nosos seres queridos, quedando na memoria de todos os aresáns e como exemplo de que nos momentos difíciles tamén sae o mellor das persoas”.

Pódeche interesar